Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consello da Cultura Galega entrega as súas Medallas de Honra a Kathleen March e Díaz-Ferros

O Consello da Cultura Galega entrega as súas Medallas de Honra a Kathleen March e Díaz-Ferros

Kathleen March, orgullosa de "crear seguidores afeccionados á cultura galega"

 Díaz-Ferros, satisfeito "coa popularizacion do saber científico"

A presidente da do CCG, Rosario Álvarez, cos galardoados Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros. EFE/Xoán Rey A presidente da do CCG, Rosario Álvarez, cos galardoados Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros. EFE/Xoán Rey
G24.gal 24/02/2026 17:12

O Consello da Cultura Galega (CCG) entregou este martes as súas Medallas de Honra á filóloga estadounidense Katheleen March e ao edafólogo arousán Francisco Díaz-Fierros en recoñecemento á súa contribución ao desenvolvemento das actividades desta institución.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, impuxo as medallas aos dous investigadors nun acto ao que asistiron o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, entre outras autoridades.

A presidenta do CCG salienta o traballo a prol da cultura galega dos galardoados

Álvarez salientou o "medio século de traballo incesante" a prol da cultura galega de March, "por amor, desvelando aspectos que permanecían ocultos aos ollos dos galegos e galegas", e destacou a importancia de Seara, o portal de tradución de literatura galega ao inglés, que comezou en 2023 baixo a coordinación da estadounidense.

Respecto a Díaz-Ferros, lembrou que foi o membro máis lonxevo do plenario do CCG, con 35 anos de presenza ininterrompida, nos que "insistiu sempre en que a institución non esquecese o pensamento do Seminario de Estudos Galegos".

A profesora de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, Ana Luna Alonso, realizou a laudatio de March, da que dixo que é "unha muller de dimensión poliédrica que non se pode entender sen ter en conta o seu compromiso coas comunidades e colectivos minorizados".

Engadiu Alonso que foi "precursora dos estudos galegos nos Estados Unidos" e que se converteu en "unha embaixadora da creación galega no exterior como proxecto de vida".

Kathleen March, "esperanzada" por colocar nas redes obras galegas en inglés 

A filóloga estadounidense, que comezou a súa intervención en galego cuns versos de Rosalía, manifestou a "esperanza" que sentiu ao presentar o proxecto de "colocar na Rede obras galegas en inglés" coa tarefa de "crear seguidores, afeccionados á cultura" entre a poboación anglófona.

O historiador Ramón Villares, que se encargou da laudatio de Díaz-Ferros, sinalou que este representa o "mellor exemplo das dúas culturas: a científica ou da natureza e a literaria ou espiritual". 

"A súa traxectoria está fondamente marcada por un compromiso cultural e cívico: o emprego e uso da lingua galega non só nos ámbitos propiamente culturais, senón nos especificamente científicos", afirmou Villares, quen resaltou "entre as súas actividades, a creación do Albúm da Ciencia".

Francisco Díaz-Fierros lembrou os seus traballos sobre o Prestige e os incendios forestais

O edafólogo Francisco Díaz-Fierros lembrou que no CCG desenvolveu traballos sobre xenética, historia, paisaxe, as vacas tolas, o afundimento do petroleiro Prestige ou os incendios forestais. "Se queriamos que a ciencia non se afastase da escala humana, había que tomar moi en serio a popularización do saber científico, ensaiando todos os medios e formatos de comunicación posibles", indicou.

Os anteriores galardoados coas Medallas de Honra do CCG foron Pablo Figueroa Dorrego, Ana Paula Laborinho e, a título póstumo, Francisco Lores Mascato en 2018; e en 2022, Luis García Montero e Helena González. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade