O Consello da Cultura Galega abre unha nova etapa con Dolores Vilavedra á fronte
Vilavedra tomou posesión como presidenta da institución este venres e ofreceulle á Xunta colaboración
Rueda recolleu o ofrecemento e dixo que agarda que este ano se aprobe o Pacto pola Lingua que o goberno galego propón sen "apriorismos"
Dolores Vilavedra comprometeuse a defender unha cultura plural, independente e máis accesible. Reivindicou a autonomía do Consello ao tempo que ofreceu colaboración ao Goberno galego: "lealdade e respecto institucional e máxima colaboración", afirmou.
Alfonso Rueda recolleu o ofrecemento. Para o presidente da Xunta a colaboración institucional é clave para o asumir novos retos, entre eles o Xacobeo e o pacto pola lingua: "agardo que este ano 2026 sexa o ano do noso pacto pola lingua, un pacto que dende a Xunta propoñemos sen apriorismos e co único obxectivo de acadar a meta común de engrandecer a nosa lingua".
Rueda reivindicou o papel do Consello na fortaleza que amosa hoxe en día o sector cultural galego.