Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consello da Xunta ratifica a Dolores Vilavedra como presidenta do Consello da Cultura Galega

O Consello da Xunta ratifica a Dolores Vilavedra como presidenta do Consello da Cultura Galega

Xa desempeñaba a vicepresidencia da institución desde 2024, e ten unha longa traxectoria dentro do Consello

Dolores Vilavedra. Efe/Xoán Rey Dolores Vilavedra. Efe/Xoán Rey
G24.gal 15/06/2026 18:50

O Consello da Xunta ratificou este luns o nomeamento de Dolores Vilavedra como presidenta do Consello da Cultura Galega.

A presidenta electa do CCG, que forma parte do órgano como representante do Instituto da Lingua Galega, xa desempeñaba a vicepresidencia da institución desde 2024, e ten unha longa traxectoria dentro do Consello, onde foi secretaria e coordinadora de diferentes comisións e seccións.

Tras a súa elección, Dolores Vilavedra marcouse como reto a "consciente actualización do papel e das funcións dunha institución que se encamiña cara aos 50 anos".

Nese sentido, dixo que potenciará o traballo en equipo en distintos niveis e fortalecerá as relacións institucionais dentro e fóra de Galicia.

A nova presidenta dixo que outro dos grandes obxectivos será chegar a novos públicos, especialmente ás xeracións máis novas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade