Cargando resultados...
Falece un home no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba a cortar
O suceso ocorreu arredor das 17.00 horas no lugar do Casal, en San Salvador de Budiño
G24.gal
27/02/2026 19:45
Última actualización 27/02/2026 20:35
Un home faleceu na tarde deste venres no Porriño ao caerlle enrima unha árbore que estaba cortando.
O suceso ocorreu arredor das 17.00 horas no lugar do Casal, en San Salvador de Budiño.
O 112 alertou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron o falecemento do home.
Ao lugar acudiron tamén a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.