Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estanqueiro de Lugo decide abrir ás seis e media da mañá porque asegura que hai clientela

Un estanqueiro de Lugo decide abrir ás seis e media da mañá porque asegura que hai clientela

O negocio, no que traballan en varias quendas catro persoas, pecha ás nove e media da noite, de xeito que está aberto durante quince horas

G24.gal 27/02/2026 19:47 Última actualización 27/02/2026 20:04

Os madrugadores teñen nun negocio lucense oportunidade de adquirir desde un café a un aperitivo, e tamén se son dos que prefiren facer as compras a última hora, porque non pecha ata as nove e media da noite. 

Leva xa dous anos con este horario. Inicialmente abría ás 8 da mañá, pero case sempre había alguén agardando na porta. Foi así como valorou levantar o enreixado máis cedo. Funciona ademais, como punto de recollida de paquetería.

O negocio aténdeno catro persoas. Antes de tomar a decisión de ampliar o horario, Juan Carlos fixo un estudo para calcular ata que punto conviña. Un servizo que se estende 15 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade