Cargando resultados...
Unha moza acaba no hospital logo dunha malleira nunha zona de ocio da Coruña
Os asaltantes quixeron roubarlle as súas pertenzas empregando a violencia
O suceso produciuse na zona do porto da Coruña
G24.gal
02/03/2026 21:18
Unha moza da Coruña tivo que ser trasladada ao hospital tras recibir unha malleira cando volvía de saír de festa. Ocorreu contra as catro e media da mañá na zona de ocio do porto da Coruña.
A moza ía acompañada por varios amigos. Ao chegar ás inmediacións do edificio da Autoridade Portuaria, outro grupo dunhas tres persoas quixeron roubarlle as súas pertenzas empregando a violencia e agredíndoa físicamente. Os asaltantes, amais, agrediron o grupo de amigos botándolles gas pementa nos ollos antes de fuxir. A vítima finalmente tivo que ser trasladada ao hospital debido ás lesións sufridas.