Cargando resultados...
Falece unha muller tras caerlle enriba unha neveira en Santiago
A Policía investiga as circunstancias deste accidente doméstico ocorrido na Rúa Ramón Cabanillas
A comisaría da Policía Nacional en Santiago
G24.gal
06/12/2025 21:24
Última actualización 06/12/2025 22:39
Unha muller morreu este sábado tras caerlle enriba unha neveira nun domicilio da rúa Ramón Cabanillas, en Santiago.
Un familiar chamou o 112 antes das sete da tarde e solicitou asistencia médica porque lle quedara a perna atrapada baixo o electrodoméstico.
O persoal de urxencias só puido confirmar o falecemento da muller pero insistiu na necesidade de contar coas forzas de seguridade para coñecer as circunstancias do accidente.
Arestora, a Policía investiga o caso.
A rúa Ramón Cabanillas, en Santiago