Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atropelado un técnico sanitario mentres participaba na asistencia dun accidente na A-52

Atropelado un técnico sanitario mentres participaba na asistencia dun accidente na A-52

Formaba parte do operativo de asistencia a un accidene entre dous coches no punto quilométrico 239 da autovía, na zona de Feá, en Toén

Operativo de asistencia na A-52, á altura de Toén, onte á noitiña
G24.gal 02/11/2025 10:34

Un técnico sanitario quedou ferido de gravidade na tarde de onte sábado ao ser atropelado por un vehículo mentres participaba nun operativo de asistencia a un accidente de tráfico na autovía A-52, ao seu paso polo municipio ourensán de Toén.

Segundo informa o 112 Galicia, o aviso por este accidente chegou ás 19:15 horas a través da chamada dun particular que informaba dunha colisión entre dous vehículos no punto quilométrico 239 da autovía, na zona de Feá.

O técnico sanitario foi atropelado por un terceiro vehículo.

No primeiro sinistro entre dous coches non se rexistraran persoas feridas. Avisado o 112, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia, a Garda Civil de Tráfico, efectivos de Protección Civil e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,.

Minutos despois, ás 19:40 horas, os Bombeiros desprazados comunicaron ao 112 Galicia que un técnico sanitario fora atropelado por un terceiro vehículo mentres colaboraba nas tarefas de atención ao accidente inicial.

O profesional resultou ferido de gravidade e foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade