Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trucos para os que están fartos dos contrasinais de internet

Trucos para os que están fartos dos contrasinais de internet

Cada vez piden claves máis longas e complexas

G24.gal 11/03/2026 20:39

Pasamos  horas das nosas vidas tecleando contrasinais. De cando en vez temos que  cambialos e ás veces os esquecemos. Un verdadeiro pesadelo para moitos, pero que é moi necesario segundo os expertos en seguridade.

Canto máis longos e diversos, máis seguros estamos, xa que os hackers teñen programas que fan combinacións aleatorias a gran velocidade e cantos máis fonemas ou signos teñan, máis difíciles son de piratear.

Poñer un papel no ordenador, facer o contrasinal coa nosa nosa data de nacemento ou co nome dos fillos son erros que todos cometemos cando estamos cheos de inventar novos contrasinais cada vez  máis longos e diversos. Os expertos din que son moi necesarios e canto máis complexos e con máis letras ou díxitos mellor nos defenden dos cibercarrachos.

Anotalos no móbil ou en papel e agochalos en sitios seguros son os consellos que nos dan na rúa. Cada un de nós ten as súas rutinas para elaboralos, moitos repetimos símbolos ou palabras ata que a máquina nos di: este xa o usaches recentemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade