Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión envorca na A-52 entre O Porriño e Ponteareas

Un camión envorca na A-52 entre O Porriño e Ponteareas

O condutor, ao que non foi necesario liberar, foi auxiliado polos bombeiros para saír do vehículo accidentado

G24.gal 11/03/2026 10:01

Un camión envorcou este mércores na autovía A-52, entre os municipios do Porriño e Ponteareas, causou algunhas retencións momentáneas, pero non se rexistraron danos persoais graves.

O CIAE 112 Galicia informou de que o accidente se produciu pouco antes das 7:00 horas da mañá, cando varios particulares alertaron de que un camión envorcara na mediana, á altura do quilómetro 301 da autovía, e que podía haber persoas atrapadas.

O Centro de Coordinación avisou os efectivos sanitarios do 061, ademais dos bombeiros de Baixo Miño e a Garda Civil de Tráfico. O condutor, ao que non foi necesario liberar, foi auxiliado polos bombeiros para saír do vehículo accidentado. O 061 enviou ao momento unha ambulancia medicalizada, pero o camioneiro foi atendido no punto e solicitou a alta voluntaria, rexeitando ser trasladado a algún centro sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade