Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha nena de once anos en Ourense con sospeita de meninxite

Morre unha nena de once anos en Ourense con sospeita de meninxite

A Consellería de Sanidade decidiu "activar" o protocolo vixente e citar os contactos estreitos a fin de adoptar as medidas profilácticas correspondentes ante a "sospeita de infección meningocócica invasora"

Imaxe de aqruivo do CHUO (TVG) Imaxe de aqruivo do CHUO (TVG)
G24.gal 30/04/2026 18:34

Unha nena de 11 anos, natural de Toén, faleceu en Ourense, e todo apunta a que podería tratarse dunha infección meningocócica, segundo a información facilitada por fontes sanitarias.

Tal e como indicou o servizo galego de saúde (Sergas), a Consellería de Sanidade decidiu "activar" o protocolo vixente publicado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e citar os contactos estreitos a fin de adoptar medidas profilácticas correspondentes ante a "sospeita de infección meningocócica invasora".

"Os contactos estreitos -104-, todos identificados xa, están citados na tarde de hoxe e durante o día de mañá para recibir a quimioprofilaxe recomendada polos protocolos de actuación", sinalou a consellería, que precisou que alén das actuacións correspondentes ao sistema asistencial en relación cos contactos estreitos familiares e sanitarios, esta procura estendeuse durante "os últimos dez días dentro do seu ámbito educativo e social".

A consellería, que trasladou o seu pesar polo falecemento da menor, avanzou a súa decisión de "ampliar" as pautas de vacinación fronte a esta patoloxía de tal forma que "desde este mesmo mes de maio será a primeira comunidade en administrar aos nenos de 12 anos a protección fronte á forma máis frecuente de meninxite".

Deste xeito, "todos os nenos que acudan ao centro de saúde á revisión dos doce anos recibirán xa a nova dose fronte ao meningococo B", unha vacina que estaba contemplada no calendario de inmunización aos dous e catro meses, xunto á dose de recordo ao cumprir un ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade