Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plantas e cerámica artesanal no mercado sostible Lama Zeta

Plantas e cerámica artesanal no mercado sostible Lama Zeta

O evento reuniu en Expocoruña as últimas tendencias en botánica e as creacións de pequenos artesáns

G24.gal 08/11/2025 20:58 Última actualización 08/11/2025 21:16

As plantas e a cerámica foron o núcleo da primeira edición do mercado sostible Lama Zeta, unha feira novidosa que reuniu en Expocoruña máis de trinta expositores para mostrar as últimas tendencias en botánica e a enorme creatividade de pequenos artesáns.

A kokedama é unha técnica xaponesa de cultivo de plantas que substitúe os testos por alternativas naturais feitas a base de carriza. 

"Consiste nunha pequena bóla de musgo que encerra o substrato. É sinxelo, pero require un pouco de maña e sobre todo paciencia", comenta Nieves Díaz, que se encarga de impartir un dos obradoiro.

O último taller da xornada estivo dedicado ao deseño de kokedamas, unha actividade pausada, pensada para reconectar coa terra. O mercado promoveu un estilo de vida máis natural e consciente.

"Este tipo de cousas véñennos moi ben, aínda que sexa un día poñernos a regar un momentiño. Deixamos as présas, o teléfono e o ordenador e de súpeto descubrimos que hai unha folla nova na nosa plantiña. Fai un pouco de ilusión", di Thais Suárez, a organizadora do evento.

Os visitantes coñeceron as últimas tendencias en xardinería e decoración botánica nun espazo compartido con ceramistas, artistas e artesáns. A feira reuniu máis de corenta proxectos sostibles na súa primeira edición.

A proposta completouse con charlas, demostracións e obradoiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade