Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recibindo clases para aprender a elaborar pan galego con masa nai

Recibindo clases para aprender a elaborar pan galego con masa nai

En tres sesións apréndenselles tres formatos diferentes de pezas de pan

G24.gal 22/10/2025 21:54 Última actualización 22/10/2025 22:23

Andrés é mestre panadeiro. Desde hai anos imparte cursos de elaboración de pan galego con masa nai.

Cada alumno trae da casa a súa propia masa nai e con ela aprenderá a amasar.

"Explícaselles os procesos que ten a masa nai e como conservala e empregala", explica Andrés Cuevas. 

Son grupos reducidos. En tres sesións apréndenselles tres formatos diferentes de pezas de pan.

Desta volta toca darlle forma a un bolo ou molete.

"Hoxe imos falar do índice do panadeiro que é por porcentaxes para calcular as receitas. Tamén imos ver os diversos tipos de fermentación que teñen os diferentes pans", di.

Andrés pon en valor a recuperación e mantemento da panadería artesanal.

"Cando falo cos alumnos si que me din que compran pan industrial porque é máis barato co artesanal. Por iso eu trato de explicarlles que é xusto ao contrario. O artesanal é máis caro, pero é un investimento en saúde", conclúe.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade