Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez condecora a Gisèle Pelicot pola súa valentía fronte á violencia machista

Sánchez condecora a Gisèle Pelicot pola súa valentía fronte á violencia machista

O presidente do Goberno fíxolle entrega da Encomenda da Orde do Mérito Civil

Pedro sánchez e Giséle Pelicot, este martes en Madrid (Efe) Pedro sánchez e Giséle Pelicot, este martes en Madrid (Efe)
G24.gal 03/03/2026 22:14

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibiu no Palacio da Moncloa a Gisèle Pelicot, a quen fixo entrega da Encomenda da Orde do Mérito Civil, segundo informou o Executivo nun comunicado.

O presidente subliñou a firmeza de Pelicot á hora de poñerse "á fronte dun movemento que traspasa fronteiras, apoiando e impulsando un cambio cultural esencial para o conxunto da sociedade mediante a defensa dos dereitos e das liberdades das mulleres".

No seu encontro, Pedro Sánchez trasladoulle o "profundo respecto e apoio pola súa valentía á hora de alzar a voz fronte á insoportable violencia machista", así como por elevar a unha nova realidade a reflexión sobre a igualdade e o respecto que tan fundamentais son nas nosas sociedades.

Ao longo dunha década, o seu marido, Dominique Pelicot sedouna para que decenas de homes a violasen mentres el o gravaba. O caso destapouse en 2022, cando el foi detido por gravar a mulleres debaixo da saia nun supermercado e, dous anos máis tarde, el e 50 homes máis foron condenados.

Durante o xuízo ela insistiu en que todo fose aberto e público para facer que "a vergoña cambie de bando", o que a converteu nunha icona da loita contra a violencia machista.

No encontro, Sánchez agradeceulle precisamente o seu impulso para facer que sexan os agresores e non as vítimas quen cargue coa vergoña dos seus actos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade