Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe a venda de pratos preparados, cada español consumiu o ano pasado 18 quilos

Sobe a venda de pratos preparados, cada español consumiu o ano pasado 18 quilos

Un de cada cinco productos que mercamos no supermercado é un prato cociñado

O ano pasado as vendas de comida preparada incrementáronse en España en case un 5%

G24.gal 21/02/2026 16:04

Cada vez temos menos tempo para cociñar o que se traduce nun incremento nas vendas de comida preparada. O ano pasado cada español consumiu 18 quilos destes pratos listos para comer, a mesma cantidade que o peixe que se consome de media por ano.

"Nótase sobre todo dende a pandemia que aumentou bastante a venta. E últimamente nótase que a xente ten máis interese, ven preguntar e infórmanse para comidas diarias, para eventos, un pouco de todo." Explica José Torre da tenda de comida para levar A de Quintela.

"Adoito mercalos cando estou soa as fins de semana porque así non teño que pensar en que facer de comer."

"Algunha vez si porque temos unha vida bastante ocupada cos nenos e sempre veñen ben para sair do apuro."

Non hai un perfil concreto dos que optan por esta opción, de feito comprobouse que durante o ano pasado un 99% dos fogares consumiron nalgún momento estes pratos listos para comer. E entre os pratos máis demandados están as pizzas, a pasta ou os arroces.

"Moito peixe, ensaladillas que agora neste tempo parece que se vende máis cousa de culler, en quente, pero en realidade tómanse moitas comidas frías." Di Torre.

Con todo os galegos somos dos españois que menos recorremos á comida preparada.

"A verdade é que non, prefiro ainda que sexa perder algo máis de tempo e facelo eu."

"Se podemos mercamos todo fresco."

"Non, normalmente cociño eu."

O incremento nas vendas fai que cada vez atopemos no supermercado unha oferta máis variada de comida preparada. E tamén hai cada vez máis tendas en que mercar un menú completo e máis barato ca nun restaurante.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade