Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta por risco de asfixia nuns caramelos de Hello Kitty do Xapón

Alerta por risco de asfixia nuns caramelos de Hello Kitty do Xapón

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición recomenda non consumilos

As comunidades nas que se distribuíron deben retiralos das canles de comercialización

Parque temático de Hello Kitty en Toquio. EUROPA PRESS/Du Xiaoy Parque temático de Hello Kitty en Toquio. EUROPA PRESS/Du Xiaoy
G24.gal 22/02/2026 19:32 Última actualización 22/02/2026 19:55

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) alerta do risco de asfixia nunhas lambetadas de Hello Kitty procedentes do Xapón, que deben retirarse do mercado, e recomenda ás persoas que teñan este produto na casa que non o consuman.

A alerta emitiuse por mor dunha notificación das autoridades sanitarias de Países Baixos sobre este doce, chamado Xelatina Hello Kitty de mazá e konjak, da marca Sanrio, que se comercializa en bolsas de plástico que contén sobres individuais.

As lamberetadas distribuíronse nas comunidades de Andalucía, Aragón, Asturias, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Galicia, Madrid e a Comunidade Valenciana. Porén, non se descarta que haxa noutras zonas.

A información sobre o perigo do seu consumo xa se trasladou ás autoridades competentes a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI) para verificar a súa retirada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade