A campaña PescaSaúde inclúe actividades e vales desconto para incentiva o consumo de peixe
O consumo regular de peixe fresco é vital para unha nutrición sa, equilibrada e sostible
Para incentivar unha alimentación saudable a Xunta desenvolve campañas como Pesca Saúde con actividades e vales desconto para usar nas peixerías.
O consumo regular de peixe fresco é vital para unha nutrición sa, equilibrada e sostible, pero estase a reducir nos últimos anos. Para incentivar unha alimentación saudable a Xunta desenvolve campañas como PescaSaúde.
"O proxecto PescaSaúde é un proxecto que pon o foco no beneficio que ten para a nosa saúde e para o noso benestar o consumo de peixe fresco, o consumo de producto fresco do noso mar. De feito o lema define e resume perfectamente a súa filosofía: O noso mar faiche ben." Explica Ángeles Vázquez, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
Unha campaña que comprende unha grande variedade de actividades dende xornadas técnicas a demostracións de cociña ou mesa informativas nos centros de saúde en que se exican os beneficios que aporta o consumo de peixe e marisco. E todos os que participan nas actividades reciben un vale desconto.
"Son vales que poden canxear nas máis de cen peixerías que participan na campaña e que contan co distintivo PescaSaúde. Estes vales poden canxearse por producto fresco, por peixe fresco." Di Ángeles Vázquez.
Unha iniciativa que forma parte da estratexia do goberno galego para fomentar o consumo de peixe, unha estratexia en que se enmarca tamén a reivindicación ao Goberno Central para que se reduza o IVE de peixe e marisco.