Na construción dun galiñeiro tan importante é o espazo interior como o exterior e a orientación
O gañador do galiñeiro máis bonito de Galicia hai dous anos, calcula que construír un anda entre os 500 e os 600 euros
O de Ismael foi declarado hai dous anos o galiñeiro máis bonito de Galicia. Un pequeno terreo situado en Velle, na cidade de Ourense, acolle as súas doce galiñas. Preguntámoslle por onde empezar a tarefa, e el non dubida.
"Terlle unha zona de recreo para que elas saian e que pillen bechos na terra e todo o que comen elas, entón eso é o que da que teñas ovos, digamos, de casa" di Ismael Rodríguez García que gañou no 2024 o título o galiñeiro máis bonito de Galicia.
Ismael dí que canto máis sitio teñan, mellor. Imos tomar como referencia o seu galiñeiro e as súas doce pitas.
"Entre onde durmen elas, pois pode ter como unha habitación normal, vinte metros cadrados ou así. Tendo o terreo, por 500 ou 600 euros fas un galiñeiro. Logo o terreo se hai que xa pechar para que teñan recreo todo vai sumando".
"Tiven en conta facerlle a súa zona de recreo mirando para o nacente para que a mañá lle dea o sol. Os loureiros que hai aí para que lle tapen todo o tellado para que no verán o sol non lle aprete, senón todos os galiñeiros acostuman ter o tellado de uralita e iso mete moita calor."
Os comedeiros ou a trapela para entrar e saír o exterior non poden faltar. E canto máis a gusto están, pois mellor é a colleita, que aquí roza a ducia de ovos o día.