Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 2 millóns de euros en axudas para apoiar as adegas na compra de uva

A Xunta destina 2 millóns de euros en axudas para apoiar as adegas na compra de uva

As axudas publicaranse no DOG o 28 de xullo, e os adegueiros poderanas solicitar a partir do 5 de agosto, segundo informou conselleira de Economía e Industria este sábado, durante a visita as instalacións de Adegas Valmiñor

A Xunta convoca estas axudas desde 2023 para cooperar coas adegas das cinco denominacións de orixe nun dos momentos de maior esforzo financeiro do ano 

Acolléronse a estas axudas un total de 119 adegas nas tres edicións convocadas ata o de agora (2023-2025)

María Jesús Lorenzana este sábado no Rosal, nas adegas Valmiñor María Jesús Lorenzana este sábado no Rosal, nas adegas Valmiñor
G24.gal 18/07/2026 18:50 Última actualización 18/07/2026 20:27

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou este sábado que o vindeiro martes 28 de xullo sairán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para financiar ás adegas galegas a adquisición de uva, cun orzamento de 2 millóns de euros. Poderán solicitarse desde o 5 de agosto.

Lorenzana fixo este anuncio durante unha visita a Adegas Valmiñor, no Rosal, onde explicou que esta é unha liña de apoios que a Xunta leva convocando desde 2023 para axudar ás adegas a afrontar un dos momentos de maior esforzo financeiro do ano, posto que lles facilita adquirir a colleita de uva e efectuar o pagamento aos viticultores nos prazos establecidos.

O que se busca, dixo, é darlles liquidez, acceso a financiamento en condicións máis vantaxosas, posto que a Xunta subvenciona os xuros e as comisións das operacións de préstamos formalizadas para a adquisición da uva.

É unha convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva á que poderán acollerse os préstamos formalizados entre o 1 de setembro e o 30 de decembro de 2026.

Nas tres edicións convocadas ata o de agora (2023-2025), lévanse acollido a estes apoios 119 adegas, con máis de 41,7 M€ de financiamento mobilizado e 2,1 M€ en axudas concedidas.

A conselleira de Economía e Industria nas adegas Valmiñor, este sábado A conselleira de Economía e Industria nas adegas Valmiñor, este sábado

As cinco Denominacións de Orixe e as catro Indicacións Xeográficas Protexidas intégranas 13.400 viticultores e 479 adegas

As cinco Denominacións de Orixe e as catro Indicacións Xeográficas Protexidas intégranas 13.400 viticultores e 479 adegas, cun valor económico do viño comercializado superior aos 200 M€.

O obxectivo desta liña de financiamento é contribuír á competitividade dun sector estratéxico para a economía galega e para o medio rural de Galicia, conscientes, sinalou, do impacto que está tendo na produción os fenómenos climatolóxicos adversos e as flutuacións do mercado.

Adegas Valmiñor

Sobre Adegas Valmiñor, recoñeceu que é, sobre todo, unha empresa que leva moito tempo apostando por unha viticultura baseada na investigación e na mellora tecnolóxica. Unha adegas, ademais, que recibiu múltiples premios en concursos de viño nacionais e internacionais, o cal dá conta da calidade que conseguen na súa produción, concluíu.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade