Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cómpre regar a horta nas horas máis frescas do día para evitar danar as plantas

Cómpre regar a horta nas horas máis frescas do día para evitar danar as plantas

Tamén convén irrigar ao nivel do chan, para evitar a aparición de fungos nalgunhas hortalizas, e procurar usar sistemas de rego por goteo

Nun horto de Lugo regan unhas coles cunha regadeira
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 26/05/2026 21:10

Regar a horta ao mediodía é o que nunca se debe facer, e menos aínda cando vai calor. Non só resulta inútil posto que a auga se evapora, senón que ademais pode acabar prexudicando as plantas.

"Porque se despois nos vén o sol, quéimanos a planta. E se nos pasamos co rego, corremos o risco de coller fungos, máis pulgóns...", sinala María González, encargada do invernadoiro da Comercial Falcón

Tampouco convén regar os cultivos por riba. Na maior parte dos casos, cómpre irrigar ao nivel do chan, co fin de evitar a aparición de fungos.

"Á planta cáelle directamente a auga e fai esas manchiñas que son o fungos", advirte a encargada da tenda lucense. 

A tal efecto, existen sistemas de rego que facilitarán este labor. A partir de catro euros, hai dispoñibles pequenos depósitos que se chantan na terra e que hidratan as raíces. 

"Temos desde calquera tipo de sistema de goteo e programadores. É simplemente enchufalo, concretar unhas horas e uns minutos e xa nos esqueceriamos do rego", aconsella María González. 

A longo prazo, os sistemas de rego acaban por aforrar tempo, gastos e disgustos.

​​​​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade