Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un 40 % dos consumidores merca menús no supermercado polo menos unha vez á semana

Un 40 % dos consumidores merca menús no supermercado polo menos unha vez á semana

Os hábitos de consumo mudan cara a horarios máis europeos, con máis tardeo e almorzos fóra da casa

G24.gal 12/05/2026 14:54

Unha opción práctica para comer de forma rápida e económica. "Un filete de robaliza, unha ensalada. Torta da avoa de sobremesa, pan e auga por 4,99 euros", explica unha dependenta.

Os consumidores buscan solucións que dean resposta ao seu ritmo de vida. "Para o que traballa e algo práctico levar a comida xa preparada", explica unha clienta.

As grandes superficies estanse adaptando ás novas demandas con máis calidade ao mellor prezo. "Gústame e é barata", asegura un consumidor.

É un dos cambios nos hábitos de consumo que nos están achegando a un ritmo de vida cada vez máis europeo. Tamén os horarios. Saímos máis comer que cear. E o tardeo gaña terreo, especialmente entre os máis novos.

"Os mozos son os que lideran estes momentos de consumo como poden ser o aperitivo, o brunch ou o tardeo nese adianto das saídas na tarde ou tarde noite", explica Marta Muné, responsable de Estudos de AECOC.

E tamén hai un cambio no gasto en restauración. Un só prato e prescindimos da sobremesa para responder á suba dos prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade