Os segredos dun bo ovo fritido
Aprender as mellores técnicas é importante para lograr o ovo fritido perfecto
Fritir un ovo é algo que todos, nalgún momento da nosa vida, imos facer. A teoría parece sinxela, pero o certo é que lograr o ovo fritido perfecto ten a súa técnica...
"Un bo ovo e un bo aceite, importante de oliva. O aceite debe cubrir ben a clara e estar a uns 160-180 graos. Temos que votalo directamente do bol no aceite quente entre un minuto e dous minutos sen tocalo para que faga a puntilla crocante", explica Héctor López, do restaurante España de Lugo.
Consellos para un prato que gusta a todos, iso si, cada un ten os seus propios segredos. Algunhas persoas quérenos máis torradiños e outros, moi pouco feitos. No que todos coinciden é no pracer que supón mollar o pan na xema.