Publicador de contidos

Publicador de contidos

27 cociñeiros compiten na Coruña polo título da mellor tortilla de Galicia

27 cociñeiros compiten na Coruña polo título da mellor tortilla de Galicia

O gañador clasifícase para o campionato de España

G24.gal 27/04/2026 14:50

Os fogóns do Centro Integrado de Formación Profesional Paseo das Pontes prendéronos os gañadores doutras edicións, como Ramón Rodríguez, do Restaurante O Cabo, que amosaron a súa técnica na elaboración dun prato tradicional e identitario, que potencian os organizadores desde a chamada revolución da tortilla gourmet, como explica o crítico culinario e organizado do evento Rafael García.

Tamén é unha oportunidade de promocionar o centro e de formación para os alumnos.

Ás 11 da mañá os 27 participantes no certame puxéronse mans á obra para elaborar as súas propostas. Hainas ousadas como a de Teo, que lle engadiu croissant. Outros xogan co xamón, o pemento ou o chourizo, e mesmo os lagostinos. A técnica no laminado da pataca, o sal en cru ou non, o punto de fritido e o tempo de selado marcan despois a diferenza.

O gañador coñecerase esta tarde e clasifícase ademais para o campionato de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar