Cargando resultados...
Un accidente con seis vehículos implicados deixa un ferido en Rois
Nun dos vehículos viaxaba un bebé que, por precaución, foi atendido polo persoal sanitario
G24.gal
25/05/2026 21:20
Un accidente con seis vehículos implicados deixou unha persoa ferida e provocou retencións na tarde deste martes no corredor de Noia, ao seu paso por Rois.
Nun dos vehículos viaxaba un bebé que, por precaución, foi atendido polo persoal sanitario.
O sinistro ocorreu sobre as 18.30 horas entre os quilómetros 17 e 18, na zona de Urdilde, e obrigou a cortar a vía en ambos sentidos.
A sala de operacións do 112 Galicia informou os efectivos do GES de Brión, os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A circulación xa foi restablecida.