Evacuado un motorista en helicóptero tras caer en Rianxo
O ferido ía acompañado doutros motoristas, pero do grupo só caeu un
O sinistro produciuse na Autovía do Barbanza, no kilómetro 12, á altura de Isorna
Un condutor perdeu o control da súa moto, polo que se foi arrimando á barreira de seguridade da vía para evitar caer, aínda que sen éxito. O sinistro produciuse na Autovía do Barbanza, no kilómetro 12, á altura de Isorna, Rianxo.
O golpe provocoulle varios traumatismos nun costado, polo que foi evacuado en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
O aviso ao 112 Galicia chegou ás 20:30 horas, e permitiu activar os recursos necesarios para atender o ferido, que ía acompañado doutros motoristas.
Do grupo só caeu un, que necesitou asistencia médica urxente debido ás lesións provocadas pola caída. Do seu traslado ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que activaron unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.
Ademais do equipo médico, ao lugar do accidente acudiron os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e a Grada Civil de Tráfico.