Cargando resultados...
Un coche mata un veciño de Vilanova de Arousa e continúa a marcha
O atropelo rexistrouse na estrada PO-530 ao seu paso por Tremoedo
O atropelo mortal foi na parroquia de Tremoedo
G24.gal
23/05/2026 09:58
Última actualización 23/05/2026 13:41
Un home, duns 70 anos, faleceu atropelado este sábado no concello de Vilanova de Arousa, onde residía. A vítima foi alcanzada por un turismo que, tras o atropelo, continuou a marcha.
A Axencia Galega de Emerxencias informou do accidente sobre as 9:30 horas. De acordo cos datos facilitados, ocorreu na estrada PO-530 ao seu paso pola parroquia de Tremoedo.
Ata o lugar desprazouse persoal médico do 061 e axentes da Garda Civil de Tráfico. Segundo varias testemuñas, o falecido adoitaba camiñar pola zona con chaleco e pola beiravía.