Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridas tres persoas nun accidente na autovía que une Verín con Portugal

Feridas tres persoas nun accidente na autovía que une Verín con Portugal

A furgoneta na que viaxaban envorcou á altura da parroquia de Tamaguelos

A Policía Local fíxose cargo de dous gatos, dous cans e un paxaro que ían no vehículo

A furgoneta na que viaxaban tres persoas e cinco animais A furgoneta na que viaxaban tres persoas e cinco animais
G24.gal 23/05/2026 17:45 Última actualización 23/05/2026 18:28

Tres persoas quedaron feridas nun accidente ocorrido este sábado na autovía que une Verín coa fronteira portuguesa. Dúas delas tiveron que ser excarceradas.

Por razóns aínda sen determinar, a furgoneta na que viaxaban pola A-75 foise da vía ao seu paso pola parroquia de Tamaguelos e envorcou na beiravía.

A condutora, de nacionalidade lusa, saíu polo seu propio pé, pero o resto de ocupantes quedou atrapado no interior. Pola falla de efectivos no parque de Verín, os bombeiros de Xinzo e do Carballiño tiveron que reforzar o operativo.

O persoal do 061 encargouse do traslado ao hospital das tres persoas feridas, unha delas cun forte golpe na cabeza. Ademais, prestaron asistencia axentes da Garda Civil e membros do GES de Laza.

No vehículo tamén viaxaban dous gatos, dous cans e un paxaro. A Policía Local fíxose cargo dos animais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade