Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan unha muller que pedía axuda desde o balcón logo de sufrir un incendio en Redondela

Rescatan unha muller que pedía axuda desde o balcón logo de sufrir un incendio en Redondela

O lume orixinouse no baixo do inmoble, posiblemente na caldeira, e calcinou un coche que estaba no interior

A muller e a súa familia aínda se recuperan do susto

Os bombeiros de Vigo empregaron a autoescada para rescatar a muller, de 75 anos de idade, que foi evacuada a unha ambulancia

Momento do rescate
G24.gal 20/05/2026 15:35

A Policía Científica trata de esclarecer a causa do incendio na vivenda de Chapela, en Redondela, onde unha muller tivo que ser rescatada no balcón da súa casa tras quedar atrapada. O lume orixinouse no baixo do inmoble e calcinou un coche que estaba no interior. A muller e a súa familia aínda se recuperan do susto. 

Unha fumareda intensa estendeuse moi rápido desde o garaxe onde comezou o lume ata os pisos superiores, deixando atrapada á única persoa que neses momentos se atopaba no edificio. A muller saíu ao balcón na busca de axuda. 

"Ela estaba no balcón, e chegaron os obombeiros e baixárona. Eu estaba co neto ahí e quixen entrar a sacar o coche e non me deixaron. A Policía Local xa me dixo que non me atrevera. Eu quería sacar o coche e evitar que se queimase todo o que se queimou", comenta un veciño.

Os bombeiros de Vigo empregaron a autoescada para rescatar a muller, de 75 anos de idade, que foi evacuada a unha ambulancia e trasladada a un centro hospitalario, onde xa recibiu a alta.

Axentes da Policía Científica trasladáronse ata a vivenda para tratar de determinar a orixe do incendio, que podería estar na caldeira instalada no garaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade