Perde o control do coche, bate con tres barcos e non cae ao mar grazas a un sinal do peirao
Sospeitase que a vítima do accidente, de 27 anos, puido sufrir unha indisposición ao volante na contorna do Portiño, na Coruña
O condutor, de 27 anos de idade, circulaba por unha rotonda cando, probablemente, sufriu unha indisposición. Daquela, o coche, sen control, descendeu a gran velocidade polo acceso ao porto do Portiño levando por diante dous pivotes que delimitan as instalacións portuarias. Aconteu poucos minutos antes das nove da mañá.
"O fillo de Carlos, que viven aí nun chalé, escoitou o golpe e foron os que chamaron ao 061".
Pero o vehículo non quedou aí. Xa coas rodas completamente rebentadas, bateu contra dúas das embarcacións que estaban varadas na marxe esquerda. Continuou costa abaixo, esnafrándose novamente con outra lancha da marxe dereita ata dar contra un sinal que foi o que o freou e evitou que se precipitase ao mar. Con todo, o home, que deu negativo en alcol e drogas, sufriu feridas graves e foi trasladado ao CHUAC.
"Eu cheguei aquí ás nove e estaban metendo ao chaval na ambulancia. E había un despregamento dos servizos de emerxencias importante".
Un suceso que causou unha grande expectación entre os propietarios das casetas e embarcacións do Portiño e que puido ter deixado máis feridos.
"Menos mal que non nos colleu a nós porque estamos aí todos os días, pero hoxe a esa hora era moi cedo para os que vimos aquí a pescar. Porque o mar non deixaba. Pero senón ás sete da mañá xa estamos aquí".
Agora, investigan as causas deste aparatoso sinistro.