Os semáforos para peóns duran o suficiente ou hai que cruzar ás carreiras?
En España non existe unha lei que regule a duración da luz vermella para os peóns
Moita xente maior ou con problemas de mobilidade non dá pasado sen que lle cambie a vermello antes de chegar ao outro lado
A normativa di que todos os pasos de peóns deberían poderse cruzar a un paso e medio por segundo. Pero dependendo da idade ou das limitacións de mobilidade, estes tempos quedan curtos. Máis dunha vez hai que acelerar o paso se queremos chegar ao outro lado antes de que cambie a vermello.
Non existe unha lei que estableza un tempo mínimo. Como norma un peón debería de poder cruzar a un paso e medio por segundo, e a partir de aí, depende do ancho da vía. E do tráfico, a pé ou rodado.
Apurar e meter zancada longa non é unha opción para persoas con problemas de mobilidade.
"Para a xente nova está ben, pero para os máis maiores xa costa máis que non temos esa axilidade". "Eu son nova, pero cando tiven que levar muletas nunca me daba tempo a cruzar sen que se puxese en vermello".
Sexa longa ou non a espera, o que importa é respectar as normas polo ben de todos e cruzar por onde é debido.