Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os condutores dos buses da Coruña advirten aos peóns do perigo de cruzar a avenida da Mariña

Os condutores dos buses da Coruña advirten aos peóns do perigo de cruzar a avenida da Mariña

Colocaron carteis nas marquesiñas das paradas pedindo precaución

G24.gal 11/01/2026 14:26 Última actualización 11/01/2026 14:36

Hai un década, o túnel do Parrote permitiu a peonalización da Mariña, liberada do paso diario de máis de trinta mil vehículos. Non obstante, o transporte público continúa circulando pola avenida, agora compartindo asfalto cos peóns.

Ningún elemento físico separa o tráfico rodado do tráfico a pé. A xente cruza por calquera punto, ás veces atenta a unha posible coincidencia espazo-temporal cos autobuses; outras veces despreocupada ou distraída.

Os condutores dos autobuses levan tempo advertindo do perigo que representa a plataforma compartida, mesmo rexistraron unha petición no Concello para que analice e solucione o problema. 

Ante a ausencia de resposta, os propios condutores optaron por colocar estes carteis nas marquesiñas das paradas, unha advertencia para evitar accidentes graves. Polo momento non houbo ningún de carácter mortal na avenida da Mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade