Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha furgoneta acaba encaixada nunha fachada na Coruña tras rebentar a cristaleira

Unha furgoneta acaba encaixada nunha fachada na Coruña tras rebentar a cristaleira

O condutor esqueceu poñer o freo de man

O accidente rematou sen feridos

G24.gal 20/05/2026 15:29

Na Coruña, unha furgoneta acabou encaixada na fachada dun baixo comercial na Agra do Orzán. Segundo as testemuñas, a furgoneta, dunha empresa de mensaxería, detívose despois do paso de peóns.

O condutor foi entregar uns paquetes e, ao parecer, esqueceu poñer o freo de man. Nese espazo de tempo o vehículo desprazouse marcha atrás e acabou encaixado dentro do local comercial, rebentando a cristaleira e parte da parede da fachada.

A fachada do local quedou esnaquizada, pero por sorte non houbo feridos, porque o baixo está baleiro e sen uso, e tampouco pasaba ninguén nese intre pola rúa. O local permanece tapiado á espera da valoración dos peritos para poder ser reparado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade