Ferido grave un motorista que chocou contra outro vehículo en Paderne de Allariz
O sinistro aconteceu ás 4:15 da madrugada deste mércores no quilómetro 9 da estrada OU-101
Un motorista quedou ferido grave tras bater contra outro vehículo na estrada OU-101, ao seu paso polo municipio ourensán de Paderne de Allariz, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O accidente ocorreu sobre as 4:15 horas da madrugada deste mércores.
Foi un particular o que chamou a Emerxencias para informar de que un motorista chocara contra outro vehículo no quilómetro 9 da OU-101, na zona de Solbeira.
Os xestores do CIAE mobilizaron as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES do Pereiro de Aguiar e os servizos de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar, os servizos de Emerxencias confirmaron que o motorista ferido está grave. O 112 informou que foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.