Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pints of Science chegan ao rural galego e converte os bares en aulas

Pints of Science chegan ao rural galego e converte os bares en aulas

Brión foi o segundo concello de toda España en asistencia aos talleres infantís

G24.gal 19/05/2026 21:33

O maior festival de divulgación científica gratuíta do mundo, Pint of Science, conta este ano coa participación de 29 áreas rurais galegas.

A ciencia sae das cidades para darlles visibilidade aos científicos locais como referentes no medio rural, sementando interese e espertando vocacións.

O concello de Brión súmase por vez primeira nesta edición número once á divulgación científica do festival Pint of Science cun entusiasmo máis ca evidente: é o segundo concello de toda España en asistencia aos talleres infantís.

"Duplicamos as inscripcións porque había moitísimos nenos que non querían perder o evento", conta Nerea Lago. Endocrinóloga, organización de Pint of Science en Brión.

O éxito é obra dalgúns dos seus científicos locais como Nerea, doutora na Universidade de Santiago, que se implicaron na organización.
"É ciencia de km0, todos teñen un vencello co concello, ou ben traballan aquí ou son de aquí. Descoñeces a ciencia por non ter unha persoa próxima que che poida falar dela", engade Nerea.

E así é como bares de áreas rurais como este se converten en faros de coñecemento para achegar investigacións en activo, como o que revelan de nós e dos nosos antergos ósos e cabelo ou saber que tiña na cabeza un dinosauro.
​​​​​Buscan desbotar a idea da ciencia como afastada e inaccesible e convértense  nos referentes de novas xeracións de científicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade