Rueda pídelle a Pontón que se sume ao pacto pola lingua e ela acúsao de "aniquilar o galego"
A portavoz nacional do BNG afealle a Rueda que leve 17 anos incumprindo o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento
O presidente fai un chamamento ao consenso e dille a Pontón: "O que está en perigo non é o galego, senón a liberdade lingüística"
EFE/Lavandeira jr
A política lingüística centrou a sesión de control ao presidente da Xunta celebrada no Parlameno tres días despois do Día das Letras Galegas.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusa a Rueda de "aniquilar" o galego e de cometer o noso idioma nunha lingua "de segunda" coa aplicación do decreto do plurilingüismo.
Segundo a líder nacionalista, desde a posta e marcha do "decreto da vergoña" 1 de cada 2 galegos recoñece que nunca fala o galego e 1 de cada 3 di que non ten competencias para falalo. Pontón bótalle en cara a Rueda que leve 17 anos incumprindo o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlaento galego en 2004 e advírtelle ao presidente: "Imos camiño dun lingüicidio".
O presidente dille ao BNG que Galicia non é nacionalista nin indepedentista, senón "orgullosamente bilingüe" e pídelle a Pontón que se sume ao pacto pola lingua no que está traballando a Xunta.
"Xa abonda de impoñer os seus lantexamentos, xa abonda de crispar e repartir carnés de bos e malos galegos e de ter que pedir permiso para falar na lingua que nos pete". Segundo Rueda, "está en perigo a liberdade lingüística en Galicia".
Na sesión, coouse a imputación do expresidente do Goberno, José Luis Rodriguez Zapatero, no caso Plus Ultra.
O presidente da Xunta botoulle en cara o BNG que estea dando apoio a un partido que conta cun expresidente investigado por corrupción. "Que diría vostede se en vez de ser un presidente do partido que apoia fose un expresidente do PP?", espetoulle.
Pontón responde que o PSOE e o PP leven "corenta anos no bipartidismo practicando a corrupción" e dixolle a Rueda: "No BNG cero condenados por corrupción: esta é a diferencia entre vostedes e nós".