Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía traslada centos de migrantes de Ceuta a unha nova instalación acondicionada

A policía traslada centos de migrantes de Ceuta a unha nova instalación acondicionada

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións informou de que a "operación humanitaria" para situar nun novo recurso temporal afecta a 864 persoas 

Coa apertura de hoxe son ao redor de 4.300 as prazas habilitadas xa e, en próximas datas superaranse as 6.000 prazas temporais

EFE/Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións EFE/Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións
G24.gal 13/09/2026 10:04

A Policía Nacional está a proceder durante a mañá deste domingo ao traslado de centos de migrantes que permanecían durmindo na rúa a unha nova localización formada por varias carpas coa intención de evitar que continúen durmindo á intemperie.

O traslado está a producirse desde primeiras horas deste domingo desde o emprazamento de Loma Colmenar cara a unhas carpas que foron habilitadas xunto á antiga prisión de Los Rosales.

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións informou de que a "operación humanitaria" para situar nun novo recfuxio temporal afecta a 864 persoas.

A ministra Elma Saiz, que se atopa en Ceuta desde o xoves, e a autoridade funcional, o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, coordinaron o operativo.

Estas persoas foron trasladadas, de xeito voluntario, sen incidencias, grazas ao labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O dispositivo temporal está situado no barrio de Los Rosales, nunha parcela propiedade do SEPES, cedida polo Ministerio de Vivenda.

O Ministerio traballa tamén para a acollida, o máis axiña posible, de máis de 300 mulleres con menores nun novo espazo situado na chaira da mesquita de Sidi Embarek.

Coa apertura de hoxe son ao redor de 4.300 as prazas habilitadas xa e, en próximas datas superaranse as 6.000 prazas temporais, segundo o departamento ministerial.

O obxectivo do Goberno é continuar traballando para garantir que as persoas que permanecen na vía pública poidan ser atendidas en dispositivos temporais adecuados, á vez que permiten facilitar a tramitación dos correspondentes expedientes para dar a resposta que corresponde en cada caso, segundo o establecido legalmente.

O desprazamento dos migrantes provocou momentos de incerteza entre o colectivo de persoas que permanecían en Loma Colmenar á espera de lograr algunha praza no interior do emprazamento situado nesta zona. A confusión produciuse porque os migrantes pensaban que ían ser trasladados a Marrocos en lugar de a un novo espazo de acollida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade