Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen dúas persoas no ataque a un buque iraniano no golfo Pérsico

Falecen dúas persoas no ataque a un buque iraniano no golfo Pérsico

Os EUA impediron o paso de 100 barcos dende o comezo do bloqueo marítimo á República Islámica

Buques preto de Ormuz nunha imaxe de arquivo. REUTERS Buques preto de Ormuz nunha imaxe de arquivo. REUTERS
G24.gal 13/09/2026 08:20 Última actualización 13/09/2026 09:06

Polo menos unha persoa morreu e outras tres quedaron feridas nun ataque perpetrado este domingo contra un mercante iraniano preto da illa de Hengam, no golfo Pérsico, no medio da nova escalada entre Teherán e Washington no estreito de Ormuz.

O buque foi atacado esta madrugada preto da costa de Shib Deraz, na cidade de Qeshm sur de Irán, segundo informa o seu gobernador, Hosein Amir Teimuri, en declaracións recollidas pola televisión estatal.

Con todo, o funcionario non deu máis datos sobre o incidente nin sobre a súa posible autoría e agregou que "se anunciarán máis detalles posteriormente".

Desde principios de setembro produciuse un importante intercambio de ataques contra petroleiros entre Irán e os Estados Unidos, no medio da escalada de tensión ao redor do estreito de Ormuz.

Bloqueo de 100 barcos

O sábado, o Comando Central dos EUA (Centcom) informou de que as Forzas Armadas estadounidenses impediran o paso de 100 barcos comerciais cara a ou desde portos iranianos durante os primeiros dous meses do bloqueo marítimo á República Islámica.

Os EUA e Israel lanzaron unha guerra contra Irán o 28 de febreiro, con ataques contra instalacións nucleares, militares e civís do país persa que causaron máis de 3.400 vítmas mortais, entre elas decenas de altos cargos, incluído o líder supremo, Alí Khamenei.

O conflito continúa malia os esforzos rexionais para alcanzar un acordo de paz, mentres os EUA mantén un severo asedio naval contra Irán en resposta ao bloqueo do estratéxico estreito de Ormuz imposto pola República Islámica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade