Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas quedan feridas tras unha colisión ao seu paso por Sanxenxo

Dúas persoas quedan feridas tras unha colisión ao seu paso por Sanxenxo

Urxencias Sanitarias-061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e unha ambulancia de soporte vital avanzado

Concello de Sanxenxo Concello de Sanxenxo
G24.gal 19/05/2026 09:23 Última actualización 19/05/2026 10:13

Un home de 73 anos de idade, A. J. O. F., e unha muller de 67 anos, V. M. Z., quedaron feridos este martes tras producirse unha colisión entre dous vehículos na AG/AG-41, ao seu paso polo termo municipal de Sanxenxo

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente produciuse algo antes das 8:00 horas, cando os servizos de emerxencias recibiron un aviso pola colisión de dous vehículos, que acabaron envorcando no quilómetro 17 da AG/AG-41, á altura do parque empresarial de Nantes.

Os condutores dos vehículos, que obstaculizaban a circulación, lograran saír antes de que chegasen os servizos de emerxencias.

Urxencias Sanitarias-061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e unha ambulancia de soporte vital avanzado. Finalmente, as persoas feridas foron trasladadas ao hospital Quirón Miguel Domínguez.

Así mesmo, no operativo participaron bombeiros do Salnés, o GES de Sanxenxo, Garda Civil de Tráfico e Policía Local, ademais dos servizos de mantemento da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade