Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mondoñedo quere ser Patrimonio da Humanidade

Mondoñedo quere ser Patrimonio da Humanidade

Atópanse nunha fase inicial do proxecto e están a facer encontros veciñais para xuntar ideas

G24.gal 18/05/2026 21:38 Última actualización 18/05/2026 21:50

A veciñanza de Mondoñedo ten un obxectivo claro: converter unha cidade que agocha moitos segredos en Patrimonio da Humanidade

"Mondoñedo é coma unha pequena peroliña, non ten moitas cousas, non imos atopar a Catedral de Toledo, pero todas as cousas que ten son tantas e tan xuntas que non tes momento na historia onde non podas atopar unha personaxe ou un resto arqueolóxico importante", afirma o historiador Roberto Reigosa"

Unha cidade cuxa catedral xa é Patrimonio da Humanidade grazas a formar parte do Camiño...pero agora queren dar un paso máis. Polo momento atópanse nunha fase inicial do proxecto e están a facer encontros veciñais para xuntar ideas. A iniciativa sentou moi ben na cidade.

"É outra cousa a maiores para atraer a xente. Un paso moi importante como poboación e tamén de cara ao turismo", din os veciños
 

Saben que non vai a ser sinxelo, que teñen que cumprir con moitas das esixencias da UNESCO e que todo o proceso pode levar décadas...pero nada vai frealos na loita por converter Mondoñedo en Patrimonio de Humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade