Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un mozo de 27 anos nun accidente de tráfico en Sandiás

Falece un mozo de 27 anos nun accidente de tráfico en Sandiás

Outros dous implicados resultaron feridos, un deles grave, e foron atendidos polos profesionais sanitarios

G24.gal 15/05/2026 09:00 Última actualización 15/05/2026 09:20

O accidente tivo lugar ás 4:29 horas deste venres no punto quilométrico 4 da OU-531 á altura do concello ourensán de Sandiás. O coche saíu da vía pola marxe dereita nun tramo en curvo e acabou envorcado nunha leira. O condutor do Audi TT era un veciño de Xinzo de Limia de 27 anos, que faleceu. Outros dous implicados resultaron feridos, un deles grave, e foron atendidos polos profesionais sanitarios.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Xinzo e dos servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se fose necesaria a súa intervención.

Os bombeiros rastrexaron as proximidades do vehículo, ante uns indicios que apuntaban a que podía haber un cuarto ocupante, mais finalmente non atoparon ninguén na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade