Cargando resultados...
Ferida unha persoa tras saír da vía e envorcar o seu coche en Vigo
A persoa ferida recibiu asistencia sanitaria no lugar do sinistro
O accidente foi na Avenida Arquitecto Antonio Palacios
G24.gal
11/05/2026 18:49
Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios, segundo informan fontes do 112 Galicia.
Os feitos ocorreron sobre as 16.20 horas deste luns e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron ao 112. Máis tarde, tamén un particular chamaría para avisar do ocorrido.
Unha vez no punto, o 061 explicou que unha persoa resultara ferida tras saírse da vía e envorcar o seu coche, aínda que xa estaba a ser atendida polo persoal médico no punto. Tamén se deu aviso aos bombeiros de Vigo, á Policía Local e a Protección Civil.