Última xornada do Galicia Fest no peirao de Trasatlánticos de Vigo
Os concertos do venres xuntaron máis de seis mil persoas
A segunda edición do Galicia Fest despídese esta noite do peirao de Trasatlánticos de Vigo.
"Moi ben, ímolo pasar hoxe moi ben". "Moi ben, de momento de marabilla. Moita calor pero a música acompáñanos moito", comentan dous asistentes aos concertos.
No cartel desta última xornada figuran artistas con milleiros de seguidores como Juan Magán ou Álvaro de Luna e grupos como Marlena, Taburete e Lori Meyes. Entre o público hai concordancia:
"A Juan Magán e eu a Lori Meyers. Nós somos moi de verbena, todo o que sexa unha festa vainos ben". "Eu sei máis cancións de Álvaro de Luna pero a miña moza gústalle Marlena e aquí viñemos". "O Álvaro é pop-rock e Lori Meyers como Marlena teñen un pouco de indie, un rock bon de base así que estupendo e o cartel de onte tamén estivo moi ben, houbo un ambientazo".
O venres, xuntáronse máis de seis mil persoas para gozar con músicos coma Coti. Os abonos para os dous días de concertos agotáronse días antes do evento, aínda que había entradas reservadas para vender os días de concerto a 35 euros, gastos de xestión á parte.