Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Festiletras fai 44 anos celebrando a cultura e as raíces galegas

O Festiletras fai 44 anos celebrando a cultura e as raíces galegas

O festival transforma a aldea do Couto, en Ponteceso, coa implicación de toda a veciñanza

 

G24.gal 22/08/2026 21:32

O Festiletras transforma a aldea do Couto, en Ponteceso, nun espazo de creación e convivencia para celebrar a cultura e as raíces galegas. 

"É un festival moi veciñal, no que está a veciñanza moi integrada", di un home orquestra que participa no encontro como animador.

"Hai xente nova, xente maior, nenos. É para toda a familia e isto é moi importante", opina unha asistente.

"É un exemplo de cultura, de constancia e de traballo en común", subliña outro animador e reporteiro da cita.

O encontro, organízao a Fundación Pondal, coa participación e axuda todo o pobo.

"Facemos 44 anos e sempre con moitísima xente. Estamos moi orgullosos", destaca unha veciña.

A música está na esencia do festival, que tamén é unha cita coa artesanía ou cos oficios tradicionais. Atopámonos, por exemplo, dous afeccionados á cestaría que tratan de espertar o interese dos máis novos.

"Hai moi pouca xente nova que queira poñerse a isto", lamenta un dos cesteiros.

"Meu avó fai cestos e apréndenos e imos vendelos a Baio", presumen dous rapaciños.

Chama tamén a nosa atención un zoqueiro en pleno proceso de creación.

"A zoca é un produto que foi impresindible para a sociedade galega. As zocas igual teñen preto de mil anos", explica o zoqueiro.

Desta volta, o festiletras nomeou Bo e Xeneroso de Honra o ilustrador e creador do Xabarín, Miguelanxo Prado, por levar a cultura galega polo mundo.

"Pero ademais da man dunha homenaxe que lle fan tamén ao Xabarín, co cal é como estar coa famiia. Precioso."

O festiletras continúa este domingo con sorpresas en cada rúa da aldea e programación para grandes e pequenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade