Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un emigrante galego colabora coa maquinaria da súa empresa na retirada dos cascallos

Un emigrante galego colabora coa maquinaria da súa empresa na retirada dos cascallos

Emilio Sande é o propietario dunha empresa de maquinaria que non dubidou en poñer tanto as pas e os camións como aos seus traballadores ás ordes dos equipos de rescate 

Sande emigrou dende Mazaricos a Caracas en 1978

G24.gal 27/06/2026 21:15 Última actualización 27/06/2026 21:31

Emilio Sande emigrou dende Mazaricos a Caracas en 1978, onde a día de hoxe é propietario dunha empresa de maquinaria para a construcción. Tanto él como a súa familia non sufriron as graves consecuencias dos terremotos e deseguida se puxeron a traballar para por toda a maquinaria da que dispoñen a disposición dos equipos de rescate.

"Achegueime ata onde caeron os edificios e ofrecinme voluntario, coas máquinas e os camións para colaborar." Explica Emilio Sande

Están a traballar para despexar os cascallos dunha zona de Caracas en que se derrubaron por completo dous edificios de quince pisos. Un traballo moi duro en que están a recuperar moitos cadáveres, pero que tamén lles aportou momentos moi reconfortantes.

"Levábamos case todo o día excabando, movendo e parando, porque se sabía que estaba vivo, que había unha persoa viva alí, que falaba e que decía que estaba ali. E clao, por suposto que é emocionante."

Emilio tamén está a enviar maquinaria para colaborar coas tarefas de rescate en La Guaira, a zona máis debastada polos terremotos. Tanto alí como en Caracas, asegura que vai a seguir prestando axuda ata que xa non queden cascallos por retirar. O de Emilio é só un exemplo dos milleiros de voluntarios de dentro e fora do país que se estan a volcar cos afectados pola traxedia. 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade