"Ou saltaba ou morría afogado", di un supervivente dos terremotos
O pai dunha veciña de Ourense salvouse tras colapsar o seu edificio, na Guaira
A familia conversaba en videoconferencia cando os sorprenderon os tremores
Sete mil quilómetros separan a Kristal, que reside en Ourense, e o seu pai, Carlos, que continúa na Guaira. No instante preciso en que dous terremotos sacudiron a cidade, ambos estaban falando en videoconferencia.
"Conversando e, de repente el berra moi forte 'está tremendo' con moito medo", sinala Krystal.
"Empezou a tremer forte e cortouse a chamada porque se cortou a electricidade", engade Carlos, en videoconferencia desde A Guaira.
Pasaron horas ata que a familia soubo que Carlos estaba ben. Que lograra saír milagrosamente do edificio en ruínas.
"Empezaron a caer os electrodomésticos, a neveira caeume enriba. En dez ou quince segundos estaba na ventá mirando ao baleiro. Ou saltaba ou morría afogado", relata.
Carlos saíu practicamente ileso, pero perderon veciños e amigos.
"Teño amigos que non sobreviviron. Familias enteiras, cos seus fillos". "Todos colapsaron. Se había 300 apartamentos na zona, 280 derrubáronse", lamentan pai e filla.
Carlos vive agora no negocio familiar, unha gasolineira coa que surte os servizos de ermerxencias. A cidade, di, está quedando baleira.
"Un constante éxodo da zona do desastre cara arriba, a Caracas ou calquera outra zona, con camións...". "É horrible vivilo desde a distancia. Sentes a impotencia de non poder axudar", conclúe Krystal.