Publicador de contidos

Publicador de contidos

O hospital do Salnés cumpre 25 anos

O hospital do Salnés cumpre 25 anos

A súa posta en funcionamento cambiou a vida de moitos enfermos da comarca evitándolles desprazamentos

Alfonso Rueda dixo que este centro é un exemplo do éxito do modelo comarcal

G24.gal 14/05/2026 21:25

Hai un cuarto de século o hospital iniciou a súa andaina coa apertura das consultas externas e hoxe en día é un exemplo en moitas áreas da atención sanitaria. 

 "Empezou a ser referente en distinto ámbitos: a xestión de urxencias, o parto natural, cirurxía ambulatoria, xa non eramos un pequeno hospital nunha esquina do Salnés", explica Yolanda García, enfermeira no centro.

Alfonso Rueda destacou o compromiso coa medicina de proximidade. O hospital permite que máis de 75 mil veciños do Salnés sexan atendidos preto das súas casas.

"Cando botaron a andar os hospitais comarcais iso era creer nunha sanidade en sitios máis pequenos pero co mesmo nivel de profesionalidade que nos grandes hospitais, era unha aposta complicada. Había que explicarlle á xente que non tiña que desprazarse por sistema para recibir certos servizos", asegura o presidente da Xunta.

Dende a súa apertura o centro triplicou o número de traballadores, ata chegar aos 500 profesionais que prestan servizo na actualidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos