Controlado o incendio rexistrado nun edificio deshabitado en Ourense
Catro dotacións de bombeiros permanecen na zona
A estrutura do edificio, a antiga Casa de Baños, resultou moi danada
O aviso de incendio saltaba pouco antes da 1:30 da madrugada, segundo datos da Axencia Galega de Emerxencias
Un incendio rexistrado na noite deste xoves na cidade das Burgas calcinou un edificio deshabitado. Ocorreu contra a unha e media desta madrugada na rúa Baixada do Outeiro, na antiga Casa de Baños.
Cinco dotacións de bombeiros trasladáronse cara o lugar do sinistro para tentar sufocar as lapas. Ás catro da madrugada permanecían alí dúas unidades facendo traballos de control e revisión. Unha hora máis tarde, daban o incendio por controlado.
O edificio estaba deshabitado, polo que non se rexistraron danos persoais.
Os bombeiros desaloxaron os veciños dun edificio contiguo por precaución. A vivenda quedou completamente arrasada.