Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberan a empregada dunha pizzería tras un accidente co furgón de repartimento en Ares

Liberan a empregada dunha pizzería tras un accidente co furgón de repartimento en Ares

A condutora estaba a realizar un servizo cando o vehículo saíu da vía

Imaxe cedida polo GES de Mugardos Imaxe cedida polo GES de Mugardos
G24.gal 10/05/2026 10:41

Unha muller tivo que ser liberada do interior do seu vehículo tras sufrir unha saída de vía na estrada AC-130, no municipio coruñés de Ares.

A condutora era a única ocupante do furgón de repartimento da pizzería en que traballa. De feito, no momento do accidente estaba a realizar un pedido.

O sinistro produciuse a última hora da tarde deste sábado, momento en que un particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria, informa Emerxencias.

De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Mugardos, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Os efectivos do GES tiveron que empregar o material de excarceración para liberar á ferida, que foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario cunha forte dor no peito. 

Imaxe cedida polo GES de Mugardos Imaxe cedida polo GES de Mugardos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade