Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prende o lume nun camión que levaba vehículos eléctricos na A-52, en Cualedro

Prende o lume nun camión que levaba vehículos eléctricos na A-52, en Cualedro

As lapas calcinaron catro coches e outros dous quedaron danados

O camioneiro non sufriu danos no incendio

 

G24.gal 27/06/2026 13:41

O incendio comezou arredor do mediodía por causas que aínda se descoñecen. O camión circulaba pola A-52, á altura de Cualedro en dirección Ourense.

Transportaba seis vehículos eléctricos: catro arderon por completo e os outros dous quedaron afectados polas altas temperaturas.

A cabeza tractora non se viu afectada polo lume e o condutor puido saír polo seu pé sen que se rexistrasen danos persoais. 

Na extinción das lapas traballaron os bombeiros de Verín e tamén foron desprazados operarios de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. Numerosos condutores que circulaban pola autovía alertaron os servizos de emerxencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade