Deteñen o home que rompeu a súa pulseira de control telemático e tentou acoitelar a súa exparella nas Neves
Deteñen o home que rompeu a súa pulseira de control telemático e tentou acoitelar a súa exparella nas Neves
A filla, que impediu a agresión, quedou ferida leve
A Garda Civil detivo o home de 53 anos, veciño de Salvaterra, que estaba a ser buscado tras intentar presuntamente agredir cun coitelo a súa exparella despois de quebrantar a orde de afastamento que tiña en vigor. O agresor foi arrestado e acusado polos delitos de quebrantamento de condena no ámbito da violencia de xénero, doble tentativa de homicidio e danos. Hai só oito días que saíra do cárcere tras unha condena dun ano por agridir a súa parella.
Segundo confirmaron este xoves fontes da investigación, o arresto produciuse ás 23:30 horas do mércores nas inmediacións do domicilio da vítima. Os feitos ocorreron este mércores, cando o sospeitoso se quitou a pulseira de control telemático e acudiu ao domicilio da súa exparella nas Neves. Durante o incidente, unha filla de ambos, resultou ferida leve ao intentar evitar a agresión. A agresión foi presenciada polas fillas da muller ferida e netas do agora detido.
O home, aínda que acudira en coche ata a casa da súa exparella, fuxiu inicialmente a pé, o que motivou un operativo de procura da Garda Civil. Xa pola noite, o agora detido acudiu de novo ao lugar dos feitos, onde realizou desfeitas no inmoble e en dous vehículos que se atopaban estacionados alí, ambos os propiedade da familia.
A vítima non se atopaba no lugar, xa que estaba baixo protección da Garda Civil, cuxo axentes detiveron nese momento ao exmarido como presuento autor dun delito de quebrantamento de condena no ámbito da violencia de xénero.
O subdelegado do Gobierno na provincia, Abel Losada, sinalou que a detención “é unha gran noticia porque devolve a tranquilidade a toda unha familia e á súa contorna neste municipio”.
Ademais, destacou a coordinación coa Xunta de Galicia para dar aloxamento temporal á vítima, de modo que non estaba na súa casa cando o agora detido regresou, e subliñou tamén a colaboración do Concello das Neves e do seu alcalde na xestión do caso.
Así mesmo, lembrou que a pulseira de control telemático que o agresor se arrincou antes de acudir ao domicilio permitiu o aviso inmediato á Garda Civil.
O detido xa foi posto á disposición xudicial e o subdelegado expresou a súa confianza en que volva ingresar en prisión, “xa que cumpriu ata datas moi recentes unha condena anterior”, apuntou Losada.